viernes, 7 de febrero de 2020

Visita á Lonxa da Coruña

Os alumnos/as de Educación Infantil fixemos unha vista á Lonxa da Coruña para ver ben de preto o peixe recén pescado: calamares, polbos, raias, mantas, pescadas, centolas, bogavante, cigalas..., o mar a pé de lonxa e o xeo que o mantén fresco ata que chega ao mercado.

Canto traballo teñen os mariñeiros no mar!

Preme neste enlace para acceder á Galería de fotos





miércoles, 15 de enero de 2020

Árbore de Nadal doce




Chegou o Nadal!!!
Festexámolo facendo no cole unha receita moi propia do Nadal, unha “árbore” moi doce.
Mirade que arboriñas tan orixinais e saborosas elaboraron as/os nenas e nenos ...
Se queredes ver que grandes cociñeiros e cociñeiras fomos, picade na galería.


 



jueves, 9 de enero de 2020

FONDUE CON FROITAS DO OUTONO

Aproveitando que chegou o outono, en Infantil fixemos unha receita con froitas desta estación.
Tendo en conta as habilidades dos nenos e nenas e as preparacións que podemos realizar na aula, decidimos facer unha “fondue”.


Esta receita ademais axuda a familiarizarse e disfrutar con alimentos saudables como é o iogur e a froita.

Se queredes ver que grandes cociñeiros e cociñeiras fomos picade no seguinte enlace, que leva á Galería de fotos.

Fondue de froitas de Outono